O Centro de día A Rúa é o único centro de día público da comarca de Valdeorras, no noreste da provincia de Ourense, composta por nove concellos, sendo o enclave do centro o concello de A Rúa. Coñécese esta comarca por ser a entrada natural a Galicia, destaca a riqueza dos seus recursos naturais, os restos do seu pasado romano e o paso do Camiño de Inverno, a calidade dos viños que se producen, e a explotación das canteiras de louxa como base da economía.

Terra de xentes moi traballadoras, labregos, emigrantes, pioneiros, segadores, bodegueiros…

PERSOAL DO CENTRO

- María del Carmen Estévez Domínguez, Traballadora Social e Coordinadora. 

- María Soledad Diéguez García, Psicóloga. 

- Ana Belén Nogueira Ferreiro, Xerocultora. 

- Susana Pilar Prada Aira, Xerocultora. 

- Silvia Arias Fernández, Xerocultora. 

- María Antonia Fernández Arias, Xerocultora. 

- María Teresa Gómez Rodríguez, Xerocultora